Día 6 de abril ás 12:00 horas.
Lugar: Salón de Actos do Servizo Galego de Saúde.
Edificio Administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela.
O SERGAS convoca unha xornada de consultas ao mercado co obxectivo de promover a participación das persoas físicas ou xurídicas e así identificar propostas innovadoras que contribúan ao proceso de desenvolvemento e execución dos proxectos dentro das liñas de actuación do Plan de Innovación Código100.
A convocatoria é aberta e atópase dirixida a todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que queiran participar e colaborar co Servizo Galego de Saúde no desenvolvemento destes proxectos tanto na súa definición e alcance coma na posterior posta en marcha de actuacións de innovación tecnolóxica no ámbito sanitario.
A participación nesta xornada (con aforo limitado a 160 prazas) requirirá de inscrición previa, solicitada no correo electrónico codigo100@sergas.es.
As prazas asignaranse por orde estrita de inscrición, sendo enviada confirmación da mesma a través do correo electrónico do SERGAS.
Programa en arquivo adxunto.