Código 100 foi galardoado na primeira edición dos premios Amparo Poch 2019

ACIS recibe no nome do Sergas dous premios Amparo Poch 2019: á mellor iniciativa de CPI en Saúde polo Plan de Innovación Sanitaria Codigo100 e á mellor CPI en Saúde pola Asociación para a Innovación en Codigo 100 

O pasado 24 e 25 de outubro tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Zaragoza a segunda Edición do Congreso de Compra Pública de Innovación no Sector Saúde, promovida polo Instituto Aragonés de Ciencias da Saúde IACS, en conxunto coa Universidade de Zaragoza e a Cátedra de IACS de CPI.

Este punto de encontro, entre profesionais de diversos ámbitos do sector público e privado e expertos de Innovación e contratación pública, foi escenario dun enriquecedor debate sobre a introdución da innovación na lóxica dos procesos da Compra Pública de Innovación e dun espazo para o intercambio de experiencias das distintas entidades participantes neste tipo de proxectos innovadores.

Durante o congreso, tivo lugar a primeira edición dos Premios Amparo Poch de Compra Pública de Innovación, coa finalidade de recoñecer o esforzo das institucións públicas por implantar o uso da Compra Pública de Innovación, onde os participantes podían optar indistintamente ás seguintes modalidades:

  • Mellor Compra Pública de Innovación en Saúde

  • Mellor Iniciativa para o fomento da Compra Pública de Innovación

Os Premios Amparo Poch destínanse a proxectos innovadores, tanto finalizados como en fase avanzada de desenvolvemento e que supoñen unha mellora substancial en saúde ou para o modelo asistencial.

A primeira xornada do Congreso deu comezo cunha mesa de debate, na que sentaron as bases para entender en que consiste e como leva a cabo un proceso de Compra Pública Innovadora (CPI) e as súas distintas modalidades e coa realización dun taller práctico que permitiu mergullarse aos asistentes nun proceso de consultas ao mercado e coñecer de primeira man os retos e reviravoltas deste proceso. 

Na segunda Xornada do Congreso, expuxéronse os puntos crave da elaboración de pregos e da súa execución, para a continuación poñer o foco de atención sobre o Procedemento da Asociación para a Innovación. É neste punto, onde da man de Pilar Morgade (Directora da área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria da Axencia de Coñecemento en Saúde "ACIS"), deuse a coñecer en detalle a experiencia do Servizo Galego de Saúde, co procedemento da Asociación para a Innovación empregado na liña de terapias de Código 100 e no marco do cal levaron a cabo dous dos tres únicos casos adxudicados en España ata o momento:

  • Test Multimarcador que permita a caracterización Molecular de tumores de pacientes con cancro de pulmón

  • Dispositivo multicanle para a resección avanzada de tumores rectales mediante endoscopia flexible e cirurxía endocópica transanal.

imagen 1 premio.jpg


A continuación, deu comezo o acto de entrega do I Premio Amparo Poch, no que o Servizo Galego de Saúde presentou as súas dúas iniciativas de CPI nas que resultou finalista co Plan de Innovación Sanitaria Código 100 e a Asociación para a Innovación en Código 100.

O broche final do Congreso tivo lugar co anuncio das iniciativas gañadoras e coa correspondente entrega de premios, por parte de Sandra García Armestos, Gerardo García Álvarez e Alberto Gil, onde o Servizo Galego de Saúde resultou galardoado nas dúas modalidades:

  • Mellor Compra Pública de Innovación en Saúde

Nesta modalidade resultaron premiados a Asociación para a Innovación de Código 100 do Servizo Galego de Saúde xunto co servizo de lavandería intelixente do Hospital Clínico Universitario Lozano Blesa do Servizo Aragonés de Saúde.

  • Mellor Iniciativa para o fomento da Compra Pública de Innovación.

Neste último apartado, resulta premiado novamente o Servizo Galego de Saúde polo seu Plan de Innovación Sanitaria Código 100. Así mesmo, a Plataforma da mellora da compra pública de innovación (PiPPi) do Hospital Universitario Vall d´Hebrón, é recoñecida tamén cun accésit nesta categoría.

imagen 3 premios.jpg

"CODIGO 100 adiántase ao futuro imaxinando, transformando e implementando novos códigos de innovación"