Comunicación de información sobre fraudes Código 100

Se desexa informar á Axencia do coñecemento en Saúde de calquera feito que puidese ser constitutivo de fraude ou irregularidade relacionado coa xestión do plan de innovación Código 100, pode facelo nesta dirección de correo electrónico: antifraude.codigo100@sergas.es


Por outra banda, se desexa poñer en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, pode utilizar a canle habilitada para o efecto polo citado Servizo e ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón:

Os aspectos fundamentais da citada canle de comunicación atópanse contidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, que pode consultar no apartado de normativa e outra documentación.

Con carácter previo á eventual remisión de información pode vostede expor ao devandito Servizo, a través da seguinte dirección de correo electrónico (consultasantifraude@igae.minhafp.es), as cuestións que estime oportunas en relación coa forma e requisitos cos que a información debe ser remitida, o tratamento que se dará á mesma, e, en xeral, calquera aspecto relativo á remisión de información a través da presente canle de comunicación.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio