Consultas ao mercado

A primeira tarefa que se vai a desenvolver en Código100 implica a posta en marcha dunha etapa de consutas ao mercado para detectar as necesidades que require cada proxecto. Código100 pretende captar ideas de pacientes, profesionais e empresas do sector.

As ideas agruparanse ao redor das 3 liñas principais de Código100. A información intercambiada durante esta etapa de consultas será imprescindible para abordar verdadeiros retos asistenciais a través de solucións tecnolóxicas non existentes na actualidade. Desta forma Código100 non só promove solucións que achegan un claro beneficio asistencial senón que ao mesmo tempo actúa como catalizador da innovación no sector da saúde.

A etapa de consultas ao mercado é fundamental en mecanismos de Compra Publica Innovadora nos que se licitan solucións non existentes no mercado.

A orde de consultas ao mercado, publicada no Diario Oficial de Galicia pode descargarse aquí:
 


Para estas consultas ao mercado faranse:

  • Sesións técnicas presenciais
  • Sesións técnicas eventos sectoriais de ámbito nacional/internacional
  • Webinars, cuestionarios online, páxina web e outros medios dixitais
  • Outras actividades de divulgación

 

Queres presentar a túa idea?

Accede á plataforma http://ideascodigo100.sergas.gal para propor unha idea de solución aos retos plantexados no Plan de innovación Código 100 e forma parte do cambio para mellorar o sistema sanitario de Galicia. 

 

Documentación: