Empoderamento de Pacientes

Proxectos destinados a fortalecer os dereitos e as capacidades das persoas.

​Desenvolvendo novas ferramentas e contidos multimedia nunha contorna multicanle (web, redes sociais, tv) que facilite a prevención e autoxestión da saúde dos pacientes. Tamén permitirá o intercambio de información entre os pacientes, o sistema sanitario e os profesionais. Fomentarase a integración da información con outras aplicacións e plataformas xa existentes ou que van entrar en breve en funcionamento no Sergas.

Os pacientes gañarán confianza e protagonismo xa que poderán ter acceso aos recursos e ás decisións que afectan ás súas vidas. A información e os servizos ofrecidos estarán adaptados ás necesidades, intereses e preferencias particulares do usuario en materia de saúde e estilo de vida, isto supoñerá que o paciente asuma un rol activo respecto da xestión da súa propia saúde.

 

Ficha de avance empoderamiento.pdfFicha de avance - Empoderamento de pacientes .pdf