"Café Networking Código100” é un encontro informal con profesionais onde se darán a coñecer as novas iniciativas da CPI (Compra Pública Innovadora) destinadas a cubrir as demandas asistenciais estratéxicas para Galicia, relacionadas co desenvolvemento de solucións no campo biotecnolóxico e biomédico, a detección precoz e axuda á terapia persoalizada no campo da oncoloxía, neuroloxía e reumatoloxía, organizado pola ACIS (Axencia Galega de Coñecemento en Saúde) e SERGAS (Servizo Galego de Saúde de Galicia).
Se queres seguir a sesión por skype indícao na túa inscrición sinalando o teu ID de Skype.